Saturday 18 de May de 2024

Touro acolle o próximo sábado 9 de xuño a VI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro


Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, acolle o próximo sábado, 9 de xuño, a VI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2018. A carreira, que a súa saída está prevista para as 18.45 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que está o núcleo urbano de Fonte Díaz. A distancia da proba adaptarse ás categorías inferiores. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 21.00 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.